Información
Información
Dispor de información sobre as diferentes áreas de xestión, ou aquela que permita coñecer con maior detalle a actividade na que se manexa no día a día o autónomo, permitiralle reducir a incertidume e mellorar a competitividade do seu negocio. Con este obxectivo amósase unha selección de publicacións, cos contidos que se indican de seguido:
Os Manuais prácticos do autónomo comprenden unha serie de documentos que, nunha linguaxe sinxela, explican elementos básicos para o desenvolvemento de actividades empresariais e profesionais baixo o Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
Os Manuais prácticos de xestión son unha colección de estudos sobre cuestións de interese como o marketing, o uso das novas tecnoloxías, a xestión financeira... etc. necesarias para a consolidación do proxecto individual de cada autónomo.
As Oportunidades de negocio analizan diversas actividades económicas que forman parte dos novos viveiros de emprego e/ou se atopan pouco desenvolvidas na nosa comunidade.
Os Procedementos de xestión detallan os procesos de execución de diversas accións empresariais, facilitando a busca da calidade en ámbitos como a atención ao cliente, xestión de provedores, recursos humanos, etc.
As Fichas informativas son un compendio de documentación organizada e dividida por temas que presentan información concreta sobre numerosos aspectos relacionados coa xestión dun negocio.
Os Cadernos de Xestión e unha colección integrada por unha serie documentos na que se abordan distintas áreas temáticas sobre actividades relacionadas coa xestión empresarial: xestionar os recursos financeiros, desenvolver a política comercial da empresa, implementar elementos 2.0 na empresa…etc.
Os Cadernos de Xestión e emprendemento en tempos de crise e un conxunto de manuais que pretenden dotar aos empresarios e emprendedores de diferenes estratéxias e medidas coas que poder facer fronte e superar con éxito a actual crise económica.
Presentamos tamén unha serie de instrumentos para a elaboración dun plan de empresa e o estudio da súa viabilidade.






