<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Capacitación

Obxectivos


O obxectivo dos cursos é a mellora das capacidades empresariais e a actualización de coñecementos, especialmente para aqueles profesionais que acaben de iniciar a súa actividade e/ou se atopen na fase de consolidación do seu negocio.
Para iso organízanse seminarios con diferentes entidades aos que poden asistir tódolos autónomos interesados.

 

 Oferta formativa


A oferta formativa estrutúrase nas seguintes áreas:

  • Seminarios xerais: formación para autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos de importancia para o seu negocio como a dirección e organización, a fiscalidade, a comercialización e captación de clientes, a xestión económica, etc.
  • Seminarios específicos: formación específica para autónomos e traballadores da hostalaría, comercio retallista, profesionais liberais e do sector da construción que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos de importancia para o seu negocio.
  • Formación on-line: oferta dun amplo catálogo de cursos que se realizan a través da Plataforma de Teleformación.


Asistir a un seminario

As persoas interesadas en asistir como alumnos poderán consultar na axenda as datas e lugares de realización dos diferentes cursos, así como a entidade que participa na súa organización, na cal se solicitará directamente a inscripción.

 

Organizar un seminario

As asociacións, concellos e entidades que estean interesadas en organizar algúns dos cursos no seu territorio, deberán porse en contacto con nos.
 
 
Máis información:  Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
 

 

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio