Mapa de puntos de asesoramento

Co obxecto de facilitar aos autónomos a localización das entidades que operan no seu ámbito máis próximo, recolléronse os seus datos de contacto por municipio, presentándoas no mapa interactivo que sigue.

 

Salvo no caso das Asociacións de Autónomos, que orientan os seus servizos exclusivamente a este colectivo, aparecen reflectidas entidades que se dirixen a un público máis amplo, sempre no contexto da posta en marcha ou a consolidación de actividades económicas, profesionais ou empresariais. A amplitude e natureza dos servizos que ofrecen estas entidades serán coherentes coa finalidade que perseguen, polo que non sempre serán coincidentes.

 

Concretamente, ofrécese información sobre servizos municipais de emprego e desenvolvemento local, cámaras de comercio, asociacións empresariais, servizos de emprego e empresa das universidades, fundacións e outras entidades públicas e/ou privadas de apoio ao emprego e á empresa.

 

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio