Capacitación
Axenda
Xestión económica e financeira
Cálculo de prezos
Formación xenérica - Xestión económica e financeira
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
Obxectivos:
Coñecer as diferentes políticas de fixación de prezos que ten a empresa.
Contidos:
1. Introdución.
2. Orientación cara aos custos: - Método de custos máis marxe; - Método de marxe no prezo; - Método do prezo obxectivo.
3. Orientación cara ao mercado.
4. Orientación cara á competencia.
5. Tipos de descontos.
Duración: 2 horas
Como valorar proxectos de investimento
Formación xenérica - Xestión económica e financeira
Dirixido a:
Autónomos
Obxectivos:
Dar a coñecer ao autónomo aquelas variables relevantes que puideran afectar ao seu proxecto de investimento.
Resaltar a importancia da análise pormenorizada da viabilidade económica - financeira dun proxecto.
Contidos:
1. A importancia dunha boa planificación e valoración dos investimentos.
2. Os investimentos: Concepto; Clases.
3. O proxecto de investimento: O capital investido ou desembolso inicial; O horizonte temporal; Os fluxos netos de caixa; A taxa de desconto ou capitalización.
4. Ferramentas para valorar a execución dun proxecto de investimento:
Métodos de análise baseados nos estados financeiros
- Conta de perdas e ganancias.
- Balance.
- Estado de orixe e aplicación de fondos.
- Orzamento de tesourería.
Métodos de valoración e selección de investimentos
- Valor Actual Neto.
- Taxa Interna de Rendibilidade.
- Payback.
- Payback descontado.
Duración: 4 horas
Elaboración de orzamentos e ofertas comerciais
Formación xenérica - Xestión económica e financeira
Dirixido a:
Autónomos
Obxectivos:
Identificar os principais compoñentes das ofertas comerciais dunha empresa de obras e reformas. Comprender os custos e aprender a calcular o custo real para poder fixar prezos reais e adecuados ao mercado das obras e reformas. Dar unhas pautas para a elaboración dun orzamento.
Contidos:
1. As ofertas comerciais dunha empresa de obras e reformas: - Descrición do produto; - Cantidades; - Condicións da oferta: entrega e pago; - Prazo de entrega.
2. Os custos nunha empresa de obras e reformas: - Clasificacións dos custos; - Cálculo da rendibilidade dun produto ou servizo en base aos custos; - A fixación de prezos; - Factores condicionantes dos custos.
3. Os orzamentos: - Diferenza do orzamento co albará e a factura; - Orzamentos abertos e pechados.
Duración: 4 horas
Páxina 1 de 3






