<<  Abril 2014  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Xestión económica e financeira

Solucións financeiras para pequenos negocios

Formación xenérica - Xestión económica e financeira

 

 

Dirixido a: 
Autónomos

 

Obxectivos:
Coñecer as necesidades de financiamento da empresa ou dun proxecto en concreto. Diferenciar as necesidades de financiamento a curto e a longo prazo. Coñecer e diferenciar os distintos instrumentos financeiros existentes así como o seu funcionamento. Identificar o instrumento financeiro máis axeitado para cada tipo de investimento.

 

Contidos:
1. O investimento.
2. O financiamento: - O autofinanciamento; - O préstamo, o microcrédito e a liña de crédito; - O factoring, o leasing e o renting.
3. Identificación do instrumento financeiro máis axeitado.
4. Cálculo do custo dos instrumentos financeiros e da TAE.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Xestión da tesouraría

Formación xenérica - Xestión económica e financeira

 

 

Dirixido a: 
Autónomos

 

Obxectivos:
Obter unha visión global da xestión da tesourería como parte da xestión integral da empresa. Coñecer e dominar ferramentas de xestión que faciliten e sistematicen o control da tesourería.
Introducir o uso das TICs e do sofware libre na xestión dos pequenos negocios. Aprender a xestionar de forma óptima o sistema de cobros e pagos na empresa. Dominar os conceptos básicos de equilibrio na tesourería.

 

Contidos: 
1. A función financeira e a xestión da tesourería. Conceptos básicos: - Os presupostos de tesourería; - Os medios de cobro e de pago.
2. Cálculo do fondo de manobra dun negocio e das necesidades de tesourería.
3. Simulación de uso de diferentes instrumentos de pago.
4. Deseño dun plano de tesourería anual en soporte informático.

 

Duración: 4 horas

 

 

Páxina 3 de 3

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio