Capacitación
Axenda
Mercado
Análise da competencia
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
Obxectivos:
Axudar á identificación dos factores diferenciais que posicionen o produto ou servizo fronte a outros. Definir as estratexias da empresa fronte a súa competencia.
Contidos:
1. Que é a análise da competencia.
2. Para que serve.
3. Como se fai: 3.1. Determinar as nosas necesidades/obxectivos de estudio; 3.2. Determinar o mercado relevante para o noso obxectivo; 3.3. Determinar a estrutura do mercado; 3.4. Identificar a información que necesitaremos recompilar; 3.5. Determinar as fontes de información e os métodos para recollela; 3.6. Analizar a información recadada.
4. Determinar a nosa posición competitiva.
5. Definir a nosa estratexia competitiva.
Duración: 6 horas
Como facer un estudio de mercado
Dirixido a:
Autónomos
Obxectivos:
Coñecer a importancia e os pasos a seguir para a realización dun estudio de mercado dunha empresa de obras e reformas. Explicar as vantaxes e desvantaxes das principais fontes de información co fin de que o autónomo identifique as máis axeitadas ás súas necesidades.
Contidos:
1. Introdución ao estudio de mercado.
2. Fases dun estudio de mercado.
3. Presentación dun estudio de mercado.
4. Fontes de información primarias; - Grupo de discusión; - Entrevista en profundidade; - Observación directa; - Técnica do cliente misterioso; - Enquisa.
5. Fontes de información secundarias; - Internas; - Externas.
Duración: 4 horas
Como realizar un plan de marketing
Dirixido a:
Autónomos
Obxectivos:
Resaltar que toda empresa de obras e servizos que queira ser competitiva no mercado debe utilizar un plan de marketing. Explicar como elaborar un plan de marketing para unha empresa de obras e servizos para ter unha visión clara dos obxectivos que quere alcanzar o autónomo.
Contidos:
1. Aproximación teórica ao plan de marketing.
2. Que é e para que serve un plan de marketing?
3. Etapas do plan de marketing.
4.Como podo elaborar o meu plan de marketing?
Duración: 4 horas
Páxina 1 de 2






