<<  Abril 2014  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Formación para profesionais liberais

Captación e fidelización de clientes

Formación sectorial - Formación para profesionais liberais

 

 

Dirixido a: 
Profesionais liberais.
 

Obxectivos: 
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Aprender as técnicas de trato personalizado con cada cliente. Comprender a importancia de manter os clientes fieis á empresa. Incorporar as ferramentas necesarias para a fidelización do cliente.

 

Contidos: 
1.  Introdución.
2.  Prospección de clientes. Métodos.
3.  Captación de clientes: - Estratexias de captación; - Plans de captación selectiva; - Asignación de recursos e canles; - O proceso de captación.
4.  As sete P´s do posiciomamento: - Marketing Mix.
5.  O proceso de venda: - Os primeiros momentos: Saúdo e recepción; - Indagación de necesidades; - Presentación de beneficios; - Reconfiguración da oferta; - Formalización do vínculo; - A fidelización.
6.  A retención dos clientes.

 

Duración: 4 horas

 

 

Elaboración de orzamentos e ofertas comerciais

Formación sectorial - Formación para profesionais liberais

 

 

Dirixido a: 
Profesionais liberais.

 

Obxectivos:
Identificar os principais compoñentes das ofertas comerciais. Comprender os custos e aprender a calcular o custo real para poder fixar prezos reais e adecuados ao mercado do produto. Dar unhas pautas para a elaboración dun orzamento.
 

Contidos:
1. As ofertas comerciais: - Descrición do produto; - Cantidades; - Prezo; - Condicións da oferta: entrega e pago; - Prazo de entrega.
2. Os custos: - Clasificacións dos custos; - Cálculo da rendibilidade dun produto ou servizo en base aos custos; - A fixación de prezos; - Factores condicionantes dos custos.
3. Os orzamentos; - Diferenza do orzamento co albará e a factura; - Orzamentos abertos e pechados.

 

Duración: 4 horas

 

 

Como utilizar internet no meu negocio

Formación sectorial - Formación para profesionais liberais

 

 

Dirixido a: 
Profesionais liberais.

 

Obxectivos:
Mostrar aos autónomos das obras e servizos os beneficios que lles pode proporcionar internet. Coñecer o uso que pode facerse de internet para publicitarse, comunicarse cara ao exterior, facer uso do comercio electrónico, etc.
 

Contidos: 
1. O autónomo e internet.
2. A creación de páxinas web: - Misión da páxina web; - Deseño, hosting e dominios; - Publicación e actualización da páxina web; - Promoción do meu sitio web.
3. A venda por internet: - Creación dunha tenda virtual; - Medios de pagamento e seguridade nas transaccións.
4. Implicacións xurídicas de internet para a empresa.
 

Duración: 4 horas

 

 

Páxina 1 de 3

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio