<<  Abril 2014  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Formación xenérica

Os cursos, de breve duración e cunha orientación práctica, están orientados a autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio como a dirección e organización, a xestión económica, a fiscalidade, o mercado e o seu estudo e a comercialización e captación de clientes.

 

Comercialización |  Dirección e organización | Fiscalidade | Mercado | Xestión económica

 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición. 
 

Análise da competencia

Mercado

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
 

Obxectivos: 
Axudar á identificación dos factores diferenciais que posicionen o produto ou servizo fronte a outros. Definir as estratexias da empresa fronte a súa competencia.

 

Contidos: 
1. Que é a análise da competencia.
2. Para que serve.
3. Como se fai:  3.1. Determinar as nosas necesidades/obxectivos de estudio; 3.2. Determinar o mercado relevante para o noso obxectivo; 3.3. Determinar a estrutura do mercado; 3.4.  Identificar a información que necesitaremos recompilar; 3.5. Determinar as fontes de información e os métodos para recollela; 3.6. Analizar a información recadada.
4. Determinar a nosa posición competitiva.
5. Definir a nosa estratexia competitiva.

 

Duración: 6 horas

 

 

 

Apoio á toma de decisións

Dirección e organización

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
 

Obxectivos:  
Coñecer a importancia da información no proceso de decisión e os principais métodos para a súa obtención. Presentar as estratexias para apoiar a toma de decisións.

 

Contidos: 
1. Introdución.
2. Tipoloxía das decisións.
3. Elementos da toma de decisións.
4. Implicacións na toma de decisións.
5. Barreiras máis comúns.
6. Metodoloxía: pasos a seguir: 6.1. Identificación e diagnose do problema; 6.2. Establecemento de obxectivos; 6.3. Busca de solucións alternativas; 6.4. Desenvolvemento de todas as alternativas; 6.5. Avaliación das alternativas; 6.6. Elección da mellor alternativa; 6.7. Implementación da decisión; 6.8. Seguimento e control.
7. Erros máis frecuentes.

 

Duración: 6 horas

 

 

 

Cálculo de prezos

Xestión económica e financeira

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
 

Obxectivos: 
Coñecer as diferentes políticas de fixación de prezos que ten a empresa.

 

Contidos:
1.  Introdución.
2.  Orientación cara aos custos: - Método de custos máis marxe; - Método de marxe no prezo; - Método do prezo obxectivo.
3.  Orientación cara ao mercado.
4.  Orientación cara á competencia.
5.  Tipos de descontos.

 

Duración: 2 horas

 

 

 

Páxina 1 de 12

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio