<<  Abril 2014  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Formación xenérica

Os cursos, de breve duración e cunha orientación práctica, están orientados a autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio como a dirección e organización, a xestión económica, a fiscalidade, o mercado e o seu estudo e a comercialización e captación de clientes.

 

Comercialización |  Dirección e organización | Fiscalidade | Mercado | Xestión económica

 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición. 
 

Introdución á calidade na peme: sxc e auditorías

Dirección e organización

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes, traballadores das pemes e responsables de calidade.
 

Obxectivos: 
Identificar os procesos fundamentais da empresa. Coñecer as principais ferramentas de xestión da calidade. Familiarizarse cos sistemas de xestión da calidade baseados na norma ISO 9000 e no modelo EFQM.


Contidos: 
1.  Introdución á calidade: - Que é calidade?; - Por que implantar calidade?; - Como implantar calidade?; - Normas ISO 9000 e Modelo EFQM; - Que beneficios reporta ter un Sistema de Calidade?
2.  Sistema de Xestión da Calidade UNE-EN ISO 9001:2000: - Estrutura e contido, - Implantación.
3.  Ferramentas de xestión.
4.  Realización de auditorías: - Planificación; - Execución; - Informe final e seguimento.

 

Duración: 8 horas

 

 

Investigación de mercados para microempresas

Mercado

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes, traballadores das pemes e responsables de vendas.
 

Obxectivos: 
Coñecer as principais técnicas de investigación. Coñecer e avaliar as diferentes técnicas en función das características da empresa. Coñecer a relación entre o Mix de Marketing e a investigación de mercados. Deseñar un plan de investigación.

 

Contidos:
1. O proceso de investigación de mercados.
2. Obxectivos da investigación.
3. Tipos de investigacións.
4. Necesidades de información na empresa.
5. Fontes de información.
6. Fontes primarias.
7. Fontes secundarias.
8. Internet como fonte de información.
9. O proceso de recollida de datos.
10. Análise de datos.

 

Duración: 8 horas

 

 

 

O empresario autónomo: obrigas tributarias

Fiscalidade

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.

 

Obxectivos: 
Diferenciar os diferentes tipos impositivos aos que está obrigado o empresario. Comprender os períodos tributarios. Recoñecer a mellor elección impositiva para a empresa.

 

Contidos: 
1.  O inicio da actividade económica.
2.  A contabilidade da empresa.
3.  As obrigas tributarias do empresario.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Páxina 7 de 12

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio