<<  Marzo 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Formación xenérica

Os cursos, de breve duración e cunha orientación práctica, están orientados a autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio como a dirección e organización, a xestión económica, a fiscalidade, o mercado e o seu estudo e a comercialización e captación de clientes.

 

Comercialización |  Dirección e organización | Fiscalidade | Mercado | Xestión económica

 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición. 
 

Operativa de servizos

Dirección e organización

 

 

Dirixido a:  
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.

 

Obxectivos:  
Identificar as vantaxes competitivas nas empresas de servizos. Coñecer os factores que inciden na retención dos clientes. Xestionar adecuadamente a calidade nas empresas de servizos. 

 

Contidos:
1.  O sector servizos. Características xerais.
2.  Diferenzas fundamentais entre produtos e servizos; Visión tradicional; Novo enfoque: Front stage e Back stage.
3. As relacións nos servizos; O triángulo de servizos; Como vender servizos; quen vende; O valor para o cliente: A percepción e a expectativa.
4. Claves para alcanzar a calidade; The fit: o axuste entre a proposición de servizo e o valor para o cliente; O proceso do cambio.

 

Duración: 8 horas

 

 

Organización e dirección de empresas

Dirección e organización

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
 

Obxectivos: 
Potenciar habilidades para planificar e organizar o funcionamento da empresa. Priorizar e aproveitar as oportunidades da empresa e do entorno.

 

Contidos:   
1.  A importancia de ter un obxectivo claro.
2.  A organización de tarefas; como priorizar.
3.  Organización e xestión do tempo.
4.  Xestión de equipos eficaces. Comunicación.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Política de xestión de cobros e pagos

Xestión económica e financeira

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
 

Obxectivos: 
Aprender a xestionar de forma óptima o sistema de cobros e pagos na empresa. Dominar os conceptos básicos de equilibrio na tesouraría.

 

Contidos:
1.  A función financeira e a xestión da tesouraría na Peme. Conceptos básicos.
2.  Os presupostos de tesouraría.
3.  Os medios de cobro e de pago.
4.  A mecanización da tesouraría.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Páxina 8 de 12

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio