<<  Abril 2014  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Formación xenérica

Os cursos, de breve duración e cunha orientación práctica, están orientados a autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio como a dirección e organización, a xestión económica, a fiscalidade, o mercado e o seu estudo e a comercialización e captación de clientes.

 

Comercialización |  Dirección e organización | Fiscalidade | Mercado | Xestión económica

 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición. 
 

Solucións financeiras para pequenos negocios

Xestión económica e financeira

 

 

Dirixido a: 
Autónomos

 

Obxectivos:
Coñecer as necesidades de financiamento da empresa ou dun proxecto en concreto. Diferenciar as necesidades de financiamento a curto e a longo prazo. Coñecer e diferenciar os distintos instrumentos financeiros existentes así como o seu funcionamento. Identificar o instrumento financeiro máis axeitado para cada tipo de investimento.

 

Contidos:
1. O investimento.
2. O financiamento: - O autofinanciamento; - O préstamo, o microcrédito e a liña de crédito; - O factoring, o leasing e o renting.
3. Identificación do instrumento financeiro máis axeitado.
4. Cálculo do custo dos instrumentos financeiros e da TAE.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Técnicas de Merchandising visual

Comercialización

 

 

Dirixido a: 
Autónomos
 

Obxectivos:
Diferenciar e identificar os distintos ámbitos de actuación do Merchandising Visual. Identificar os posibles ámbitos de mellora en canto a aplicación do Merchandising Visual. Coñecer as vantaxes e desvantaxes de cada sistema de disposición do mobiliario. Identificar as zonas quentes e as zonas frías do local. Coñecer os alicerces que deben rexer na elaboración dun escaparate. Diferenciar os compoñentes da imaxe exterior do establecemento. Diferenciar os compoñentes da imaxe interior do establecemento. Diferenciar os compoñentes do escaparate.
 

Contidos:
1. O Merchandising Visual.
2. A Imaxe comercial e as imaxes exterior e interior.
3. O escaparate.
4. A zona quente e a zona fría.
5. A composición e o punto de acceso.
6. A distribución libre, en grella e aspirada.
7. A presentación vertical e a presentación horizontal.
 

Duración: 4 horas

 

 

Técnicas de venda comerciante polo miúdo

Comercialización

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes. Persoal de departamentos comerciais e de márketing. 
 

Obxectivos: 
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para executar eficazmente unha acción de vendas. Coñecer en profundidade o proceso da venda. Saber enfocar cada acción de venda en función das características do cliente. Asimilar os procedementos básicos que se levan a cabo durante o proceso comercial. Coñecer as diferentes estratexias de interacción comercial.

 

Contidos:
1.  Que é a venda?
2.  O proceso racional de merca.
3.  A función das vendas.
4.  Indagación de necesidades.
5.  Presentación de beneficios.
6.  Reconfiguración da oferta.
7.  O peche da venda.

 

Duración: 8 horas

 

 

Páxina 10 de 12

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio