<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Formación xenérica

Os cursos, de breve duración e cunha orientación práctica, están orientados a autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio como a dirección e organización, a xestión económica, a fiscalidade, o mercado e o seu estudo e a comercialización e captación de clientes.

 

Comercialización |  Dirección e organización | Fiscalidade | Mercado | Xestión económica

 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición. 
 

Como valorar proxectos de investimento

Xestión económica e financeira

 

 

Dirixido a: 
Autónomos

 

Obxectivos: 
Dar a coñecer ao autónomo aquelas variables relevantes que puideran afectar ao seu proxecto de investimento.
Resaltar a importancia da análise pormenorizada da viabilidade económica - financeira dun proxecto.

 

Contidos: 
1. A importancia dunha boa planificación e valoración dos investimentos.
2. Os investimentos: Concepto; Clases.
3. O proxecto de investimento: O capital investido ou desembolso inicial; O horizonte temporal; Os fluxos netos de caixa; A taxa de desconto ou capitalización.
4. Ferramentas para valorar a execución dun proxecto de investimento:
   Métodos de análise baseados nos estados financeiros
     - Conta de perdas e ganancias.
     - Balance.
     - Estado de orixe e aplicación de fondos.
     - Orzamento de tesourería.
   Métodos de valoración e selección de investimentos
     - Valor Actual Neto.
     - Taxa Interna de Rendibilidade.
     - Payback. 
     - Payback descontado.

 

Duración: 4 horas

 

 

Como vender servizos

Comercialización

 

 

Dirixido a: 
Autónomos
 

Obxectivos:
Identificar os aspectos que diferencian un produto dun servizo. Clasificar os distintos tipos de servizos. Coñecer as características principais dunha empresa de servizos. Identificar os puntos de actuación para unha mellora do servizo. Identificar elementos que poden orixinar a perda de clientes. Coñecer as características do márketing relacional. Coñecer as claves para promocionar os servizos en internet.
 

Contidos:
1. O servizo.
2. A empresa de servizos.
3. O Back office e o Front office.
4. O márketing relacional.
5. A calidade e as TICs.
6. Internet, Banner e a Web 2.0.
 

Duración: 2 horas

 

 

Comunicación empresarial: publicidade para autónomos

Comercialización

 

 

Dirixido a:  
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes. Responsables de departamentos comerciais. Vendedores e responsables de vendas.

 

Obxectivos:  
Adquirir un coñecemento básico dos diferentes aspectos prácticos e teóricos da publicidade. Alcanzar unha formación suficiente que permita o deseño de campañas publicitarias na peme. Analizar como actúa a publicidade nas relacións coas restantes variables do márketing. Adquirir unhas estratexias básicas e amplas que permitan a aplicación práctica das estratexias publicitarias no ámbito profesional.

 

Contidos:  
1.  Conceptos básicos de Publicidade.
2.  Definición del mercado: - Segmentación de mercados; - Posicionamento.
3.  O proceso de comunicación.
4.  Instrumentos para a comunicación: - Publicidade; - Márketing directo; - Forza de vendas; - Promoción de vendas; - Relacións públicas; - Merchandising; - Determinación do presuposto total.
5.  Determinación do Mix de Comunicación.
6.  O concepto de campaña.
7.  Valoración do impacto.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Páxina 4 de 12

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio