<<  Abril 2014  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Formación sectorial

A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.

Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
 

Como vender servizos: obras e reformas

Formación para o sector da construción

 

 

Dirixido a: 
Autónomos da construción.
 

Obxectivos:
Identificar os aspectos que diferencian un produto dun servizo. Clasificar os distintos tipos de servizos ofertados por empresas de obras e reformas. Coñecer as características principais dunha empresa de obras e reformas. Identificar os puntos de actuación para unha mellora do servizo ofertado por unha empresa de obras e reformas. Identificar elementos que poden orixinar a perda de clientes. Coñecer as características do marketing relacional. Coñecer as claves para promocionar os servizos dunha empresa de obras e reformas en internet.
 

Contidos:
1. O servizo.
2. A empresa de servizos de obras e reformas.
3. O Back office e o Front office.
4. O marketing relacional.
5. A calidade a as TICs.
6. Internet, Banner e a Web 2.0.
 

Duración: 2 horas

 

 

Captación e fidelización de clientes

Formación para profesionais liberais

 

 

Dirixido a: 
Profesionais liberais.
 

Obxectivos: 
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Aprender as técnicas de trato personalizado con cada cliente. Comprender a importancia de manter os clientes fieis á empresa. Incorporar as ferramentas necesarias para a fidelización do cliente.

 

Contidos: 
1.  Introdución.
2.  Prospección de clientes. Métodos.
3.  Captación de clientes: - Estratexias de captación; - Plans de captación selectiva; - Asignación de recursos e canles; - O proceso de captación.
4.  As sete P´s do posiciomamento: - Marketing Mix.
5.  O proceso de venda: - Os primeiros momentos: Saúdo e recepción; - Indagación de necesidades; - Presentación de beneficios; - Reconfiguración da oferta; - Formalización do vínculo; - A fidelización.
6.  A retención dos clientes.

 

Duración: 4 horas

 

 

Elaboración de orzamentos e ofertas comerciais

Formación para profesionais liberais

 

 

Dirixido a: 
Profesionais liberais.

 

Obxectivos:
Identificar os principais compoñentes das ofertas comerciais. Comprender os custos e aprender a calcular o custo real para poder fixar prezos reais e adecuados ao mercado do produto. Dar unhas pautas para a elaboración dun orzamento.
 

Contidos:
1. As ofertas comerciais: - Descrición do produto; - Cantidades; - Prezo; - Condicións da oferta: entrega e pago; - Prazo de entrega.
2. Os custos: - Clasificacións dos custos; - Cálculo da rendibilidade dun produto ou servizo en base aos custos; - A fixación de prezos; - Factores condicionantes dos custos.
3. Os orzamentos; - Diferenza do orzamento co albará e a factura; - Orzamentos abertos e pechados.

 

Duración: 4 horas

 

 

Páxina 3 de 16

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio